A Academia recibe o arquivo persoal de Rodríguez Yordi

Eladio Rodríguez Rodríguez e María Victoria Rodríguez fixeron entrega, en nome da súa familia, de valiosos manuscritos de Julio Rodríguez Yordi.
Membros da Academia e famiiares de Rodríguez Yordi
Recepción na Academia dos familiares de Rodríguez Yordi


Julio Rodríguez Yordi (1894-1967), escritor polifacético e xornalista, tivo ao longo da súa vida unha estreita vinculación coa Real Academia Galega. Fillo de Eladio Rodríguez González, eminente lexicógrafo, membro fundador da Academia e, máis tarde, presidente desta institución, Rodríguez Yordi foi tamén académico, coma seu pai, primeiro correspondente (1945) e máis tarde numerario (1955), sendo mesmo proposto como académico de honra.

O presidente da Academia, Xesús Alonso Montero e o secretario, Henrique Monteagudo, recibiron a varios membros da familia Rodríguez, que fixeron entrega do valioso fondo documental de Rodríguez Yordi formado por varios manuscritos das súas publicacións, ensaios sobre diversos temas, discursos, conferencias, prólogos, poesías ou traducións, e salientaron a importancia desta xenerosa doazón á Academia, onde o legado de Rodríguez Yordi estará a disposición dos usuarios e invetigadores para a súa consulta.

Pola súa parte, os familiares de Rodríguez Yordi, despois de agradecer as facilidades ofrecidas pola Academia, manifestaron o seu agrado ao veren atesourado o seu herdo na Academia.

A Academia recibe este valioso legado con gran satisfacción por diversos motivos. En primeiro lugar, pola grande importancia do legado persoal e profesional de Rodríguez Yordi, que inclúe textos manuscritos das súas obras, algunhas delas inéditas; e, en segundo lugar, pola xenerosidade da familia que ofreceu á Academia, de xeito completamente altruísta, o seu fondo familiar completo, un xesto que ratifica, de maneira definitiva, o estreito vencello de Rodríguez Yordi con esta institución.

Imaxe do arquivo de Rodríguez Yordi.
Imaxe dos documentos entregados á Academia


Fe de erratas: Na nota informativa difundida pola RAG transmitiuse un erro no que respecta parentesco de dous dos representantes da familia Rodríguez Yordi que fixeron entrega da documentación: Eladio Rodríguez Rodríguez non é fillo de Julio Rodríguez Yordi, senón sobriño e María Victoria Rodríguez Rodríguez, non é neta, senón sobriña neta.

A Real Academia Galega pide desculpas por esta confusión.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar