A Academia e o Parlamento organizan un seminario para unificar criterios lingüísticos

O curso insírese nun protocolo de colaboración entre as dúas entidades co fin de promover a calidade no uso da lingua nas institucións públicas.
Sede do Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia (Foto de Adrián Estévez para a Galipedia)


Un grupo da Sección de Gramática da Academia composto por Xosé Xove e Francisco Cidrás, e coordinado por Rosario Álvarez Blanco, impartiu un curso a vinte cinco profesionais dos servizos lingüísticos do Parlamento, a Administración de Xustiza e mais da Xunta de Galicia, encamiñado a acadar un incremento na calidade da expresión, tanto escrita como oral, das institucións autonómicas.

Durante o transcurso do seminario, os membros da Academia estableceron unhas pautas de redacción e de estilo uniformes e, asemade, resolveron as dúbidas máis recorrentes verbo do correcto uso da norma lingüística que lles presentaron os traballadores da Xunta e o Parlamento.

Ao remate da primeira sesión, celebrada o 11 de decembro, ambas as partes valoraron positivamente os resultados acadados, e expresaron a súa vontade de seguir mantendo no futuro esta liña de traballo conxunto e colaboración entre as dúas institucións.

Asimesmo, a Real Academia Galega manifestou, en cumprimento das súas funcións, a súa disposición plena a colaborar con outras entidades que soliciten o seu asesoramento en materia de lingua.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 24 de xullo de 2017 / 11:00 h
Clausura dos XXX Cursos de lingua e cultura galegas en Santiago

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar