A Academia celebrará o vindeiro 17 de maio en Xinzo de Limia

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 17 de maio en Xinzo de Limia, a vila onde medrou Carlos Casares, o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. A sesión extraordinaria da institución dedicada ao escritorterá lugar no salón de plenos do concello a partir das 11:30 horas e contará con intervencións arredor da figura homenaxeada a cargo da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, será o encargado de pechar o acto, que poderá seguirse en directo a través da pantalla instalada na carpa que se montará na praza Carlos Casares.

Nado en 1941 na cidade de Ourense, Carlos Casares marchou a vivir con só tres anos a Xinzo de Limia, a vila da que seu pai era natural, e onde este exerceu como mestre durante décadas. A comarca da Limia deixou unha importante pegada na súa vida, reflectida na súa obra literaria.

O territorio da súa infancia e adolescencia foi o elixido para o acto central da Real Academia Galega neste ano dedicado á súa figura no que a institución tamén desenvolverá outras iniciativas noutros escenarios destacados da súa traxectoria. A RAG abriu en febreiro o Ano Carlos Casares coa presentación do proxecto web Primavera das Letras no CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde estableceu o seu fogar, e a finais de ano celebrará un simposio sobre o autor.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar