A exposición das Irmandades da Fala poderá verse ata o 4 de agosto en Santiago e a partir do día 10 en Vigo

27/07/16 |
O Museo do Pobo Galego acolle 'Saúde e Terra, irmá(n)s!' antes de facer parada na Fundación Barrié de Vigo. A mostra xunta unhas 130 pezas, documentos orixinais e primeiras edicións prestadas para a ocasión para guiar un percorrido pola historia e o herdo deste movemento

Basilio Losada recibe a Medalla de Ouro de Galicia

24/07/16 |
O membro de honra da RAG recolle hoxe a distinción en Santiago de Compostela. O tradutor e investigador, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona, é un referente da cultura galega en Cataluña

Clausura da XXIX edición dos Cursos "Galego sen fronteiras"

22/07/16 |
O alumnado, procedente de 17 países, recibiu os diplomas nun acto que puxo fin a tres semanas de clases e actividades de inmersión na lingua e na cultura galegas

Os Azores acollen a presentación de dúas obras arredor de Antero de Quental coeditadas pola RAG

21/07/16 |
Academia, Xunta e Parlamento presentan na Cámara da rexión autónoma lusa o facsímile da edición políglota do poema 'Zara', traducido ao galego por Curros, e un estudo sobre Antero de Quental e Teófilo Braga. A Asemblea Lexislativa azoriana acolle a exposición sobre os homenaxeados o 17 de maio

A relación entre Galicia e Polonia, de Pondal á arte contemporánea

20/07/16 |
Maria Boguszewicz, directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Varsovia e antiga alumna dos Cursos “Galego sen fronteiras”, impartiu unha conferencia na súa XXIX edición

"Coas Irmandades deuse o salto da prensa reprodutora á prensa mediadora"

20/07/16 |
A relación entre as Irmandades da Fala e a prensa centrou a segunda mesa de debate do ciclo da RAG que conmemora o centenario deste movemento. Os xornalistas Margarita Ledo, Xan Carballa, Carme Vidal e Víctor Freixanes analizaron distintos aspectos do tema

"Hoxe xa hai unha tradición de estudos galegos fóra de Galicia"

18/07/16 |
Gabriel Rei Doval, profesor da Universidade de Milwakee e un dos impulsores das redes de grupos de traballo de lingua e cultura galegas nos Estados Unidos, participou nos Cursos "Galego sen fronteiras" cunha conferencia sobre o galicianismo no mundo anglófono desde a súa orixe, nos anos 40

A nova web da revista ‘La Tribuna’ potencia a difusión das investigacións sobre Emilia Pardo Bazán

15/07/16 |
A publicación estrea portal coincidindo coa presentación dun número que profunda nos artigos de prensa e na postura da escritora ante a I Guerra Mundial. O achado dun conto nun semanario mexicano e unha nota sobre a tese que atopou unha obra teatral de mocidade, entre os contidos que completan o volume

A RAG recibe na rúa Tabernas o alumnado dos Cursos "Galego sen fronteiras"

12/07/16 |
Os estudantes coñeceron a sede da institución e escoitaron unha conferencia do presidente Xesús Alonso Montero sobre o poeta Lorenzo Valera, nado hai cen anos

O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares

9/07/16 |
O autor, unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do s. XX, protagonizará o vindeiro 17 de maio. A RAG nomeou tamén académica de número electa a Marilar Aleixandre e votará na próxima xuntanza a candidatura de Chus Pato para a vacante de Fdez. Ferreiro

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar