Segundo a Lei de Normalización Lingüística, as autoridades promoverán un uso progresivo do galego no ensino.

1 de 10
Almanaque no Xardín de Méndez Núñez, na Coruña.

2 de 10
En Galicia, a información viaria ofrécese en galego e en castelán.

3 de 10
Sinalización viaria en galego preto de Rianxo

4 de 10
O proceso de normalización da lingua galega inclúe tamén as diversas campañas das entidades privadas.

5 de 10
A televisión pública de Galicia, TVG, é unha ferramenta imprescindible para a normalización da nosa lingua.

6 de 10
O sector gandeiro adoita facer uso do galego nas súas promocións.

7 de 10
O galego está presente tamén nas novas tecnoloxías da información e na Rede.

8 de 10
O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións galegas, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes de Galicia.

9 de 10
Un xeito lúdico de reinvindicar o uso do noso idioma na rúa mediante unha carreira popular: o Correlingua.

10 de 10

O galego na historia

O galego é a lingua románica propia da nacionalidade histórica de Galicia, onde é usada de xeito habitual por máis de dous millóns de persoas. Tamén é a lingua autóctona das zonas de Asturias, León e Zamora limítrofes con Galicia e dun pequeno territorio no noroeste Cáceres; zonas que, en conxunto, supoñen uns 75.000 falantes máis.

O galego é a evolución do latín falado no noroeste da Península Ibérica, onde entrou en contacto con outras linguas prerromanas. Este territorio conquistado por Roma constituíu unha das provincias romanas, a Gallaecia. En 417 fundouse na Gallaecia o primeiro reino europeo posterior á caída do imperio romano, o reino suevo, que durou ata o 586. O protorromance galego recibiu achegas dos pobos xermánicos e dos árabes. O galego como lingua romance de seu estaba constituída xa antes do século X, pero ata finais do século XII e comezos do XIII non apareceu a escrita en galego, que floreceu nestes século na prosa coma, pero, sobre todo, na poesía: os Cancioneiros galegos constitúen un dos repertorios poéticos medievais máis importantes do mundo.

No século XII, a parte sur do Reino de Galicia independizouse e deu lugar ao Reino de Portugal, mentres Galicia foi anexionada polo reino de Castela. A incomunicación entre o sur e o norte provocou que as variedades lingüísticas dun e outro territorio se fosen diferenciando, dando lugar a linguas diferentes: o portugués no sur e o galego no norte.

No século XIX tivo lugar o Rexurdimento galego. Historiadores e literatos tomaron conciencia de galeguidade e trataron de espallala. A comezos do século XX fundouse a Real Academia Galega e en torno a ela xurdiron movementos lingüísticos, culturais e políticos que promoveron e trasladaron socialmente esta conciencia.

En 1936 aprobouse o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. Ese mesmo ano, o golpe de Estado do xeneral Franco provocou unha guerra civil que instaurou unha ditaura que durou 40 anos e desencadeou unha longa represión política e cultural. Neste período (1936-1976), producíronse varios feitos que xogaron en contra do galego: extensión da escolarización obrigatoria (en castelán); popularización dos medios de comunicación de masas (en castelán); adhesión da Igrexa Católica ao goberno da ditadura, coa exclusión total do galego nas prácticas relixiosas; migracións masivas do rural (galegofalante) ás zonas urbanas (desgaleguizadoras por desprestixio do galego); exclusión e prohibición do galego no mundo xudicial e administrativo, etc.

Anos despois de rematada a ditadura, en 1981, aprobouse un novo Estatuto de Autonomía de Galicia e, en 1983, a Lei de normalización lingüística de Galicia, esteos sobre o s que se baseou o proceso de recuperación e normalización da lingua galega. En 1985 inauguraron as súas emisións a TVG e a RadioGalega, televisión e radio públicas integramente en galego. O galego comezou un lento proceso de rehabilitación social que conduciu a unha conquista de amplos dereitos lingüísticos e de certos espazos simbólicos dos que tradicionalmente estaba ausente, pero que non logrou incrementar a súa presenza como lingua habitual da sociedade, onde se observa unha progresiva perda de falantes.

Así e todo, o galego segue a ser hoxe a lingua habitual da maioría dos habitantes de Galicia e das comarcas veciñas onde é lingua autóctona.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar