Publicado na Habana entre 1878-1902 e dirixido por Waldo Álvarez Insua. Un dos máis antigos e importantes órganos de expresión da emigración galega en Cuba.

1 de 10
Xornal de tendencia provinciacialista fundado en Compostela 1841 e dirixido por Díaz de Robles.

2 de 10
Fundado en Compostela en 1800 e de curta duración, é considerado o primeiro xornal galego. De corte progresista, estaba a favor do acceso das mulleres á educación.

3 de 10
Fundado en Ourense en 1935 e pechado en 1936, era o voceiro das Mocidades Galeguistas. Nel escribiron Celso Emilio Ferreiro, Fernández del Riego ou Illa Couto, entre outros nomes.

4 de 10
Revista especializada en cuestións culturais e no debate intelectual, foi fundada en Compostela en 1860 por Moreno Astray.

5 de 10
Xornal de signo rexionalista fundado en Vigo en 1856 no que colaboraría asiduamente Manuel Murguía. Na súa imprenta editaríase tamén "Cantares gallegos", de Rosalía, en 1863.

6 de 10
Continuador do "Diario de Santiago", foi editado entre 1809 e 1812. De signo liberal, estaba especializado en temática lexislativa.

7 de 10
Voceiro histórico do nacionalismo galego en diferentes etapas e localizacións, tanto do noso país como no exilio. Nel participou a práctica totalidade das figuras do nacionalismo contemporáneo.

8 de 10
Semanario coruñés de 1860 e primeira publicación redactada integramente en galego. Nel escribía Francisco María de la Iglesia so o pseudónimo de Mingos Gallego.

9 de 10
Semanario editado en Ourense e dirixido por Valentín Lamas Carvajal. Foi o primeiro xornal editado integramente en galego e chegou a contar cunha tirada de 4000 exemplares, unha cifra máis que notable naquela altura.

10 de 10

Sobre a Hemeroteca da Real Academia Galega
 

FONDOS

A hemeroteca conserva nos seus fondos máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos. De especial importancia é a sección de publicacións galegas, que reúne títulos tan significativos como Diario de Santiago, Semanario instructivo, El Idólatra de Galicia, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, Nós ou Vida gallega. Tamén resulta de grande interese o conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX.
Polo seu valor histórico cómpre mencionar tamén as revistas que proceden de coleccións persoais, e moi nomeadamente aquelas que pertenceron a Manuel Murguía, a Emilia Pardo Bazán, aos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia, e, máis recentemente, ao académico Isidro Parga Pondal.

SERVIZOS

Información e referencia
Aténdense as consultas na propia Hemeroteca e tamén por teléfono, fax, correo postal e correo electrónico.
Están a disposición dos usuarios o catálogo e mais unha colección de referencia de libre acceso na sala de lectura.
 
Consulta na sala
Agás a colección de libre acceso, é necesario cumprimentar unha papeleta de pedimento e acatar as normas existentes para un correcto uso dos fondos.
Pode consultar as normas de uso da Hemeroteca visualizando este .pdf [99 Kb] 
 
Reprografía
As reproducións de fondos están limitadas polas características e estado de conservación dos mesmos así como pola lexislación sobre propiedade intelectual vixente.
Pode acceder ao formulario de reprodución premendo aquí [156 Kb]
 

HORARIO

Horario de atención ao público:
De luns a xoves de 9:00 a 14:45 e de 16:30 a 19:45 horas, e o venres de 9:00 a 14:45 horas.
 
Horario de verán:
Meses de xullo e agosto, de luns a venres, de 8:30 a 14:45 horas.
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar