Simposio Manuel María
Unha vintena de especialistas profundaron durante tres días no Manuel María máis polifacético no simposio dedicado ao escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2016, celebrado na sede da Academia do 22 ao 24 de novembro.
Homenaxe a Manuel María en Monforte de Lemos
O protagonista do Día das Letras Galegas de 2016 foi homenaxeado o 1 de outubro en Monforte de Lemos. A súa pegada na localidade onde viviu varias décadas, a través dos seus versos, a amizade, a colección Val de Lemos ou a libraría Xistral, marcou o acto.
Día dos Arquivos 2016
A RAG celebrou o Día dos Arquivos cunha campaña de dixitalización de documentos históricos de particulares. Nesta galería poden verse parte dos fondos que as persoas que participaron na iniciativa quixeron compartir.
Centenario das Irmandades da Fala
A Real Academia Galega celebrou o 18 de maio de 2016, da man do Concello da Coruña, o centenario da fundación das Irmandades da Fala cun acto musical e literario no Teatro Rosalía de Castro. Os coros históricos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Coral de Ruada e Toxos e Froles tiveron un protagonismo especial.
Día das Letras Galegas dedicado a Manuel María
A Real Academia Galega celebrou o 17 de maio de 2016 na horta da Casa de Hortas, o fogar onde o poeta de Outeiro de Rei nacera en 1929. A institución desenvolveu neste escenario unha sesión extraordinaria aberta ao público
Recital de Amancio Prada en homenaxe a Rosalía de Castro
A Real Academia Galega celebrou o 24 de febreiro de 2016 os 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro cun recital de Amancio Prada. O cantautor interpretou coa súa voz e unha guitarra de 1841 composicións da poeta.
Simposio Filgueira Valverde
A Real Academia Galega celebrou o 26 de novembro de 2015 o Simposio Filgueira Valverde. A xornada integrouse no programa do 'Ciclo Filgueira Valverde na cultura galega do século XX', no que tamén participaron con outras xornadas o Museo de Pontevedra, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Barrié.
Basilio Losada ingresa na RAG
Basilio Losada, tradutor e crítico literario de Láncara, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona e embaixador da cultura galega en Cataluña, ingresou o 3 de outubro de 2015 na Academia como membro de honra cun discurso dedicado ás primeiras novelas de Rosalía.
Pleno extraordinario da Academia en Ponteceso
O 7 de febreiro de 2014 celebrouse, en Ponteceso, un pleno extraordinario da Academia en conmemoración do 180º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal e do cincuentenario do Día das Letras Galegas dedicado á súa figura.
Simposio Díaz Castro
O 11 de setembro de 2014 tivo lugar, no salón de actos da Academia, o SImposio Díaz Castro, centrado na análise da obra do autor de "Nimbos".
Ingreso de Nélida Piñón
O 27 de setembro de 2014 tivo lugar, no salón de actos da Academia, o ingreso da escritora brasileira Nélida Piñón como académica de honra. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.
Clausura dos XXVII cursos de verán de lingua galega para estranxeiros
O 24 de xullo de 2014 tivo lugar, no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, o acto de clausura do XXVII curso de verán de galego para estranxeiro e españois de fóra de Galicia.
Recepción de Giulia Lanciani
O 8 de marzo de 2014 tivo lugar, no salón de actos da Academia, o acto de recepción como académica honoraria de Giulia Lanciani. A encgarda de responder o seu discurso de ingreso en nome da Academia foi Rosario Álvarez.
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego
O 7 de decembro tivo lugar no salón de actos da Academia unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego no 101 aniversario do seu nacemento.
Simposio Roberto Vidal Bolaño
O día 17 de decembro de 2013 celebrouse na Coruña o SImposio Roberto Vidal Bolaño.
Recepción de Fina Casalderrey
O 22 de novembro de 2013 tivo lugar, no Teatro Principal de Pontevedra, o acto de ingreso de Fina Casalderrey. O seu discurso de entrada foi respondido en nome da Academia por Rosario Álvarez Blanco.
Ingreso de Arcadio López Casanova
O 9 de novembro de 2013 tivo lugar, no salón de actos da Academia, a lectura do discurso de ingreso como académico de honra de Arcadio López Casanova. A resposta en nome da Academia correspondeulla a Xesús Alonso Montero.
Ingreso de Pegerto Saavedra
O 14 de setembro de 2013 tivo lugar, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, o acto de recepción como membro numerario da Academia de Pegerto Saavedra Fernández. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.
Clausura dos XXVI cursos de verán de lingua galega para estranxeiros
O 24 de xullo de 2013 tivo lugar, no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, o acto de clausura do XXVI curso de verán de galego para estranxeiro e españois de fóra de Galicia.
Día das Letras Galegas 2013
O 17 de maio de 2013 tivo lugar, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a sesión plenaria extraordinaria da Academia en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.
Presentación de Acoutacións e diálogos
O 15 de maio de 2013 tiña lugar, no salón de actos da Academia, a presentación do libro "Roberto Vidal Bolaño. Acoutacións e diálogos. Antoloxia", publicado por La Voz de Galicia
Homenaxe a del Riego en Vigo
O 20 de marzo de 2013, a Academia celebrou en Vigo un pleno extraordinario coincidindo co centenario de quen fora o seu presidente, Francisco Fernández del Riego.
Recepción de Xosé Fernández Ferreiro
O 9 de marzo de 2013 tiña lugar, no salón de actos da Academia, a recepción como académico de Xosé Fernández Ferreiro. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Manuel Rivas Barrós.
Congreso Paz Andrade
Os días 13, 14 e 15 de decembro de 2012 celebrouse, no Pazo de Congresos de Pontevedra, o congreso en torno ao intelectual e polígrafo pontevedrés protagonista do Día das Letras dese mesmo ano.
Bicentenario Francisco Añón
O 9 de outubro de 2012 tivo lugar, no Concello da Serra de Outes, a xornada de peche dos actos conmemorativos do Bicentenario Francisco Añón.
Presentación libro de Xosé Ramón Barreiro Fernández
O 21 de xuño de 2012 tivo lugar no salón de actos da Academia a presentación do libro "Murguía" do membro de número da Academia e anterior presidente desta corporación, Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Conmemoración dos 50 Días das Letras Galegas na Coruña
O 16 de xuño de 2012 tivo lugar na Praza de María Pita, na Coruña, un acto público en conmemoración do cincuentenario do primeiro Día das Letras Galegas celebrado en 1963
Pleno extraordinario da Academia en Celanova
O día 9 de xuño de 2012 tivo lugar en Celanova unha Sesión Plenaria Extraordinaria da Academia con motivo da celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro polo centenario do seu nacemento.
Exposición dos 50 carteis do Día das Letras nos Xardíns de San Carlos
O 1 de xuño de 2012 tivo lugar nos Xardíns de San Carlos, na Coruña, un acto público que reuniu a parte das figuras implicadas na elaboración do caderno dos 50 Carteis para conmemorar o cincuentenario do Día das Letras Galegas.
Recepción de Xosé Luís Regueira
O 2 de xuño de 2012 tivo lugar no salón de actos da Academia a recepción como académico de número do profesor Xosé Luís Regueira Fernández. O seu discurso foi respondido por Manuel González González en nome da Academia.
Día das Letras dedicado a Paz Andrade
O 17 de maio de 2012 celebráronse en Vigo os actos do Día das Letras dedicado a Valentín Paz Andrade.
Recepción de Carlos Zubillaga como académico de honra
O 21 de abril de 2012 tivo lugar no salón de actos da Academia a recepción de Carlos Alberto Zubillaga como membro de honra. O seu discurso foi respondido polo académico Xosé Ramón Barreiro Fernández en nome da Academia.
Recepción de Henrique Monteagudo
O 25 de febreiro de 2012 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela a recepción como académico de numero do profesor Henrique Monteagudo. O seu discurso foi respondido por Rosario Álvarez en nome da Academia.
Presentación libro de Farruco Sesto
O 20 de xaneiro de 2011 presentábase no Salón de Actos da Academia o libro "Pequenos encontros, as marcas deixadas" do poeta Farruco Sesto Novás, reunidos e editados pola tamén poeta Yolanda Castaño.
Congreso Lois Pereiro
Entre o 15 e o 17 de decembro de 2011 celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e no Salón de Actos da Academia o congreso en torno ao poeta monfortino protagonista do Día das Letras dese ano.
Recepción de Bernardino Graña
O 12 de xuño de 2010 tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo a recepción como académico de número do poeta cangués Bernardino Graña. O seu discurso de ingreso foi respondido por Ramón Lorenzo en nome da Academia.
Recepción de Manuel Rivas
O 12 de decembro de 2009 tivo lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña o acto de ingreso do escritor coruñés Manuel Rivas Barrós como académico de número. Xosé Luís Axeitos foi o encargado de responder o seu discurso en nome da Academia.
Recepción de Margarita Ledo
O 7 de febreiro de 2009 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela tivo lugar a recepción de Margarita Ledo Andión como membro de número da Academia. O seu discurso de ingreso foi respondido por Rosario Álvarez en nome da Academia.
Recepción de John Rutherford
O 4 de outubro de 2008 tivo lugar no Salón de Actos da Academia o acto no que se nomeaba a John Rutherford académico de honra desta institución.
Recepción de Ramón Villares
O 24 de novembro de 2006 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela o acto de recepción de Ramón Villares como académico de número. O seu discurso de ingreso foi respondido por Víctor Freixanes en nome da Academia.
Recepción de Darío Xohán Cabana
O 22 de abril de 2006 tivo lugar no Salón de Actos desta institución a recepción como académico de numero de Darío Xohan Cabana. O seu discurso foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín en nome da Academia.
Día das Letras a Lois Pereiro
O 17 de maio de 2011 celebrouse na localidade natal do poeta, Monforte de Lemos, o Día das Letras en homenaxe a Lois Pereiro.
Día das Letras a Uxío Novoneyra
O 17 de maio de 2010 celebrouse en Folgoso do Courel o Pleno extraordinario da Academia e mais os actos do Día das Letras en homenaxe do poeta Uxío Novoneyra.
Día das Letras a Ramón Piñeiro
O 17 de maio de 2009 celebrouse en Láncara, localidade natal do homenaxeado, o Pleno extraordinario da Academia, así como os actos do Día das Letras na honra do intelectual galeguista.
Día das Letras a Álvarez Blázquez
O 17 de maio de 2008 a Real Academia Galega celebrou no auditorio do Concello de Vigo o Pleno extraordinario e os actos do Día das Letras en homenaxe ao polígrafo, editor e poeta tudense, Xosé María Álvarez Blázquez.
Día das Letras a María Mariño
O 17 de maio de 2007 a Real Academia Galega celebrou en Seoane do Courel o Pleno extraordinario e os actos do Día das Letras en homenaxe á poeta María Mariño Carou.
Día das Letras a Manuel Lugrís Freire
O 17 de maio de 2006 celebrouse en Sada, localidade natal do homenaxeado, o Pleno extraordinario e os actos do Día das Letras 2006.
150 aniversario Xogos Florais da Coruña
O 2 de xullo de 2011 tivo lugar na Coruña un acto en lembranza do 150 aniversario dos Xogos Florais celebrados nesta cidade en 1861 que supuxeron o inicio do Rexurdimento.
Congreso Novoneyra 2011
O 17 de febreiro de 2011 tivo lugar no Salón de Actos da Academia o congreso en homenaxe de Uxío Novoneyra, protagonsita do Día das Letras de 2010.
Homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz
O 1 de decembro de 2011 tivo lugar na Coruña un acto de homenaxe organizado pola Academia, en colaboración coa Universidade da mesma cidade, ao poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz con motivo do bicentenario do seu nacemento.
Homenaxe a Xoán Manuel Pintos
O 22 de xaneiro de 2011, co gallo do bicentenario do seu nacemento, tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra, un acto de homenaxe pública ao autor de "La gaita gallega".
Presentación Os Trobadores de Occitania
O 13 de abril de 2011 tivo lugar no Salón de Actos da Academia a presentación do libro "Os trobadores de Occitania", unha escolma de poemas medievais occitanos traducidos e editados polo académico lugués Darío Xohan Cabana.
Homenaxe a Luís Seoane
Acto de homenaxe a Luís Seoane no centenario do seu nacemento celebrado o 18 de decembro de 2010 no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Xunta elección Presidente
O 23 de xaneiro de 2010 reuniuse o Pleno da Real Academia Galega en sesión extraordinaria para a elección do Presidente, sendo elixido para o cargo Xosé Luís Méndez Ferrín.
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar