Tweet
herba Herba campeira Herba que nace de maneira espontánea entre os cereais. A herba campeira sobe alta entre o pan. SINÓNIMO herba campía Herba cervúa (Phyllitis scolopendrium) Fieito da familia das polipodiáceas, vivaz, con frondes simples, enteiras e lanceoladas e pecíolo curto. A herba cervúa tapaba completamente o ribazo. SINÓNIMOS cerviña, cervúa, lingua cerviña, pé cervún Herba cheirentaÁrnica Tenlle moita fe á herba cheirenta para os golpes e as mazaduras. Herba da andoriñaCelidonia A herba da andoriña deita un leite amarelo. Herba da fameErvellaca Xogaban a tirarlle os chícharos á herba da fame. Herba das anadasXario O nome de herba das anadas parece dar a entender que é agoiro de boas colleitas. Herba das doasNocella Hai a crenza de que a herba das doas axuda a desfacer os cálculos urinarios. Herba das feridasAbeluria A miña nai coñece moitas herbas para sandar: herba da sarna, herba das feridas…. Herba das ferreñasSaponaria A herba das ferreñas florece entre xuño e novembro. Herba de namorar (Armeria maritima) Planta herbácea da familia das plumbaxináceas, de cepa curta e moi ramificada e flores rosáceas, que medra en marismas e zonas salobres e, máis raramente, en penedías. Trouxéronnos a herba de namorar de Teixido. SINÓNIMO empreñadeira Herba de Nosa SeñoraArtemisa Axudábase de lavativas quentes de herbas de Nosa Señora para evacuar o ventre. Herba do cegoOrtiga As herbas do cego pódense comer cocidas. Herba do gando (Helleborus foetidus) Planta herbácea perenne da familia das ranunculáceas, de talos rexos, flores verdosas e estames numerosos. Fixo unha infusión con herba do gando para curar a úlcera. SINÓNIMO chaveira Herba donaFumaria A herba dona ten propiedades diuréticas. Herba do rodicio (Galium verum) Planta herbácea da familia das rubiáceas de talo erecto, follas estreitas e pequenas e flores amarelas de aroma agradable. As flores da herba do rodicio usábanse para callar o leite. SINÓNIMO herba dos aganos Herba dos arengosMeimendro A herba dos arengos ten propiedades tóxicas. Herba dos cantores (Sisymbrium officinale) Planta da familia das crucíferas de ata un metro de altura, flores amarelas reunidas en grupos pequenos e froito en cápsula, moito máis longo ca ancho. Coas flores da herba dos cantores faciamos colares. SINÓNIMOS cecimbre, saramago Herba dos carpinteirosAquilea Apañaron herba dos carpinteiros ao pé do río. Herba do xerroXario A herba do xerro adoita medrar entre as vides. Herba mate VÉXASE mate2 Herba paxareira (Stellaria media) Planta anual da familia das cariofiláceas, de follas pequenas ovais e flores brancas, que aparece en terreos húmidos e estercados. A herba paxareira ten propiedades expectorantes. SINÓNIMOS maruxa, muruxa Herba pulgueira (Polygonum persicaria) Planta herbácea anual da familia das poligonáceas, frecuente en lugares húmidos da maior parte de Galicia, con flores avermelladas e follas lanceoladas que adoitan levar unha mancha negra. Apañaron herba pulgueira para facer un remedio. SINÓNIMOS beldro, crista, cristo1 Herba secaFeo1 Recolleron a herba seca antes de que chovese. Herba xaboeira VÉXASE xaboeira
Termos relacionados: cerviño, cervún, lingua, , herba cheirenta, ceruda, herba da andoriña, ciridonia, ciridoña, brenza, herba da fame, nichela, veza, aro, herba das anadas, herba do xerro, herba das doas, baloco, borleta, croque, dedaleira, dixital, estalote, estraloque, milicroque, sanxoán, herba das feridas, albitorno, herba das ferreñas, herba xaboeira, herba de namorar, herba de Nosa Señora, estruga, herba do cego, ortigón, herba do gando, herba dona, pé de galiña, arangaño, beleño, herba dos arengos, herba dos cantores, samargo, xaramago, labestro, herba dos carpinteiros, milfollas, xaque mate, Mate, herba mate, brillante, herba paxareira, moruxa, herba pulgueira, Cristo, crucifixo, Mancado, belo, bonito, feito, fermoso, guapo, lindo, laido, xaboeiro
Palabra á toa
  • decretal
    adxectivo1 Relativo ou pertencente ás decretais. Na catedral conservábase unha carta decretal. substantivo feminino2 Relixión Carta na que o papa decide, a partir dunha consulta particular, unha norma de carácter xeral. O papa conferiulles aos cardeais maior potestade mediante unha decretal.
    Máis

  • Suxestión enviada

    Suxestión

    Cómpre encher todos os campos