Tweet
alma substantivo feminino1 Parte espiritual do ser humano, que tradicionalmente se consideraba separable do corpo e inmortal. Salvar a alma.2 Principio polo que o ser humano ten sensibilidade e consciencia de si mesmo e do resto do mundo. A paz da alma. En corpo e alma. SINÓNIMO espírito3 Principio da vida vexetativa e sensitiva. A alma dos animais.4 figuradoPersoa Trescentas almas poboaban a aldea. Non asistiu nin unha alma ao concerto.5 figurado Persoa ou cousa principais ou máis importantes de algo, que o animan ou promoven. É a alma do partido. A universidade é a alma da cidade.6 Oco interior do canón dunha arma de fogo. A alma dun canón, dun fusil. FRASES E EXPRESIÓNS CON alma Botar a alma pola boca Estar moi canso. Veu correndo todo o camiño e cando chegou botaba a alma pola boca. Caer a alma aos pés Levar unha desilusión moi grande. Cando viu todo o seu traballo tirado, caeulle a alma aos pés. Coma alma en pena Triste e abatido. A pobre andaba coma alma en pena. SINÓNIMO coma ánima en pena Coma alma que leva o demo Con moita présa. Pasou por aquí coma alma que leva o demo. Con toda a alma locución adverbial Con forza, con valor. Loitaban con toda a alma. Da alma Moi querido. Meu filliño da alma. Dar a alma (algo)Presentir Dábame a alma que non ía vir. Fóra a alma Expresión que se utiliza cando se compara un animal cunha persoa. As vacas, fóra a alma, son coma a xente. Na alma locución adverbial Moito, con intensidade. Doeulle na alma a traizón daquel amigo. Non haber unha alma Non haber ninguén. A festa non valeu nada, non había unha alma. Partir a alma Facer sufrir, entristecer, aflixir. Ver tanta miseria partíalle a alma.

Últimas actualizacións
Palabra á toa
  • saldo
    substantivo masculino1 Liquidación dunha débeda. O saldo da débeda deberá efectuarse antes de quince días. SINÓNIMO pagamento2 Cantidade resultante de confrontar o haber e o débito dunha conta. Temos un saldo a favor de mil euros.3 figurado Resultado de confrontar os aspectos positivos e os negativos dalgunha cousa. O saldo da excursión, ao final, foi favorable.4 Venda de artigos a prezos rebaixados nun establecemento comercial. Merquei un pantalón nun saldo. CONFRONTAR liquidación, rebaixa
    Máis

  • Suxestión enviada

    Suxestión

    Cómpre encher todos os campos