Detalle da portada de "A muiñeira", con letra de Lugrís Freire e música de Ángel Abad. Doazón feita por María del Adalid, filla do compositor Marcial del Adalid.

1 de 4
A biblioteca doada por Ángel del Castillo está composta sobre todo por monografías de temática xurídica e política de grande antigüidade.

2 de 4
Os máis de catrocentos volumes doados polo fillo de Fontenla Leal ofrecen unha imaxe nidia dos intereses e predileccións dun galeguista de comezos do século XX.

3 de 4
O Fondo Luís Seoane amosa a intensa vocación de contemporaneidade do pintor coruñés coas tendencias artísticas do seu tempo.

4 de 4

O valor das doazóns 

O importante patrimonio documental e bibliográfico que atesoura a Academia é froito, na súa maior parte, da xenerosa contribución que centos de intelectuais e entusiastas da cultura galega fixeron ao longo da súa Historia. O noso fondo constitúe, pois, non só unha ferramenta valiosa en si mesma, senón tamén un índice revelador da formación e intereses culturais dos seus propietarios orixinais. Este é o caso das coleccións Murguía, Fontenla Leal, Luís Seoane, Antón Villar Ponte ou Isidro Parga Pondal.

A Academia desexa renderlle homenaxe pública a todos eles e anima a toda persoa interesada en participar na construción desta grande obra comunal a facelo mediante a súa doazón.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 25 de xaneiro de 2017 / 20:00 h
Presentación en Pontevedra do 'BRAG' dedicado a Xosé Filgueira Valverde

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar