Romaría de Santo Ourente, en Outes. Finais do século XIX. José Prieto Guerra.

1 de 12
Asistentes ao serán literario organizado pola Reunión de Artesanos en conmemoración do 80 aniversario de Manuel Murguía. No centro, Manuel Casás, Manuel Murguía e Ángel del Castillo. Pedro Ferrer.

2 de 12
Verín. Patio do Balneario "Fuente Nueva", en 1910.

3 de 12
Retrato de nai e filla. A Coruña, agosto de 1945. José Samaniego.

4 de 12
Trío de gaiteiro, bombo e tamboril en Liber (Becerreá)

5 de 12
Recital de Pura Vázquez organizado polo Centro Galego de Barcelona. Decembro de 1955. Alfredo Ramos.

6 de 12
Secundino Baños falando desde o escenario do Gran Teatro Nacional da Habana. O acto foi organizado pola Asociación Iniciadora e Protectora da RAG en conmemoración do primeiro centenario do nacemento de Nicomodes Pastor Díaz o 15 de setembro de 1911. Record Artístico.

7 de 12
Recepción de Vicente Risco como membro da Academia na Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesás da Coruña. Detrás deste, sentados, Ángel del Castillo, Fernando Martínez Morás, Eladio Rodríguez, Manuel Lugrís Freire, Federico Maciñeira e Ramón Cabanillas. Febreiro de 1929.

8 de 12
Lanchas de pesca de Mugardos no Peirao de Montouto, na Coruña, cara a 1880. Avrillón.

9 de 12
Entrega de premios do Certame Galego-Americano organizado polo Centro Gallego de Montevideo para conmemorar o seu 50 aniversario celebrado na Coruña en 1929. De pé, de esquerda a dereita, Antón Vilar Ponte, Fernando Martínez Morás, descoñecido, Ángel del Castilo, Uxión Carré Aldao, descoñecido, Manuel Lugrís Freire e Leandro Carré. Sentados, Eladio Rodríguez e Félix Estrada Catoira.

10 de 12
Aras romanas atopadas detrás do retábulo dunha das capelas absidiais da Igrexa de Santiago, na Coruña. 1897. Manuel Teijeiro

11 de 12
Primeira xunta ordinaria da RAG celebrada na Universidade de Santiago despois do Guerra civil. De esquerda a dereita, de pé: Antonio Couceiro Freijomil, Francisco Vales Villamarín, Samuel Eiján, Portela Pazos, Paulino Pedret, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Ramón Aller Ulloa, Bouza Brey, Manuel Vázquez Seijas, Filgueira Valverde e Juan Naya. Sentados: Ángel del Castillo, o profesor Asorey, Manuel Casás e Alejandro Barreiro Noya. Ksado.

12 de 12

Sobre o fondo fotográfico

O Arquivo da Real Academia conserva nos seus fondos e coleccións mais de 120.000  imaxes en diferentes soportes e formatos. A maior parte destas fotografías, unhas 80.000, proveñen do fondo do fotógrafo coruñés Samaniego e son, fundamentalmente, retratos de estudio.

Outras 11.200 forman parte do Fondo Institucional e reflicten momentos da vida académica ao longo da súa historia.

Aproximadamente, outras 2.000 imaxes compoñen a colección facticia da RAG e, por último, as 27.500 restantes repártense entre os fondos recibidos en doazón de diversas persoas, institucións, empresas e asociacións, sumando un total de 97 fondos.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar